"Mi testigo es el cielo vacío"

domingo, 30 de octubre de 2011

Dúas caras da mesma moeda

"O Sil leva a auga e o Miño a fama"


Non fai moito lendo unha entrevista da corredora de montaña e equiadora Mireia Miró, pasou algo que nunca pensaba que iba pasar, un pensamento -entre outros- plenamente compartido.
Tratase da comparación e dos comentarios que verte Mireia sobre Josef Ajram.
Nun principo cando comecei a ler algo sobre este persoaxe parecía un tio curioso , profundizando un pouco máis e despois de cometer o erro de ler o seu libro, dinme conta -non tarde- de que estaba ante un "farsante" ,deportivmanete falando.



Marcel Zamora (gañando o ironman de niza)


Hai "deportistas" que non fan deporte por un motivo persoal -entendase paixoal ,emocional- , outros fan deporte simplemente como via "fácil" para lucrarse fando de si mesmos un logotipo de marca e escalando na industria crecente da "saúde deportiva" que tan de moda está. Está claro que todo deportista que se precie gustaríalle dedicarse en corpo e alma ao seu deporte, algúns van pouco a pouco mediante moitos entrenos e gracias a centros de tenificación depotiva , van medrando e conseguindo esa meta, outros simplemente acortan ese camiño mediante o marketing. Pasa en miles de sectores nonsendo no deporte, un gran currante que domine bastamente o seu sector non da trinfado por "falta de contactos", todo un clásico neste gran país chamdo Españistán.

A día de hoxe vexo o deporte como unha ación emocinal, chea de sentimento,para min comezou case por tradición familiar , pouco a pouco converteuse nun xogo , coa idae transformouse nun obxectivo e hoxe por hoxe o obxectivo cambiou pero a mesma ánsia continua.
Coñezco moitos deportistas de élite que se gañan a vida cunha profesión que nada ten que ver co deporte, gracias a becas e axudas poden ir a campionatos fora das nosas fronteiras. Coñezco o deporte dende a súa base máis baixa , o neno que vai coa súa mochila na espalda chea de roupa e ilusión, e tamén coñezo o deporte que tanto desprecio, o deporte onde solo se busca amasar billetes colorados.


Josef Ajram (deportista , broker de bolsa, modelo...)


Este é o caso de Josef Ajram , sí, é un deportista , un deprotista de fondo , sin restarlle mérito ningún aos seus logros, pero é un deportista que se sabe vender , que fixo do seu nombre unha marca que complementa as súas "carencias" deportivas coa súa cara bonita e cos falsos exteriotipos, ten todos os elementos dignos dunha boa marca comercial : historia facilona, boa imaxen e lengua. Non gañou nada increible, finalizou como un máis- e meritoriamente-varios ironmans pero a súa fama nada ten que ver polos seus éxitos deportivos, é un participante máis que destaca gracias ao seu propio marketing. Outro caso é Dean Karnazes que se autoproclama ultramarathonman pese a que nunca gañou unha carreira de este tipo como fixo varias veces un compatriota seu como é Scott Jurek, pero polo menos Dean Karnazes fixo chegar dun xeito modesto o mundo do ultramaraton ao gran público e sabendo escribir moi ben.

Eu valoro profundamente a outros deportistas que sufren para estar ahí arriba e "desgraciadamnete" pasan desapercividos para o gran público, como pode ser Marcel Zamora ou máis cercano Daniel Bargiela, este último é un currante estibador de cemento en Salvaterra do Miño que adestra nos seus ratos libres, agora apartado do triatlón pero finalísta en varias edicións Ironman incluído Hawaii.

A niveles máis pequenos e sin saír de ese maravilloso deporte hai moitos casos, de deportistas "floxos" cun respaldo elevadísimo de patrocinadores e outros cun bo palamarés sobrevivindo mediante becas e axudas familiares.
Vostedes se non está dentro dalgún deporte que sepan que non é ouro todo o que reluce , hai moito "bañado en ouro".






No hay comentarios:

Publicar un comentario